Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11200

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2021.

Advertidos erros no Diario Oficial de Galicia número 23, do xoves 4 de febreiro de 2021, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 7087, no artigo 15, primeiro parágrafo, onde di: «De conformidade co disposto no artigo 17 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, só se poderá pescar desde embarcacións ou artefactos aboiantes nas zonas de desembocadura e naquelas masas de auga expresamente autorizadas nos anexos VII e VIII desta orde na modalidade de pesca sen morte, sen prexuízo das competencias dos organismos responsables da navegación e flotación nas zonas de desembocadura ou nas masas de auga continentais», debe dicir: «De conformidade co disposto no artigo 17 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, só se poderá pescar desde embarcacións ou artefactos aboiantes nas zonas de desembocadura e naquelas masas de auga expresamente autorizadas nos anexos VII e VIII desta orde, na modalidade de pesca sen morte no caso das masas de auga dos ditos anexos, sen prexuízo das competencias dos organismos responsables da navegación e flotación nas zonas de desembocadura ou nas masas de auga continentais».

Na páxina 7087, no artigo 16, derradeiro parágrafo do número 1, onde di: «Coutos e tramos de coutos de pesca sen morte (anexo XII): o período hábil prolongarase ata o 30 de setembro», debe dicir: «Coutos e tramos de coutos de pesca sen morte (anexo XII): o período hábil prolongarase ata o 30 de setembro, agás nas augas salmoneiras da provincia de Lugo».

Na páxina 7090, na disposición derradeira, onde di: «Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e manterase vixente ata a publicación da orde correspondente á tempada do ano 2021», debe dicir: «Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e manterase vixente ata a publicación da orde correspondente á tempada do ano 2022».

Na páxina 7106, anexo IX, Masas de auga en que se prohibe o engado natural a partir do 1 de xullo, onde di: «Río Neira e afluentes (Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Láncara, O Corgo, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela), agás no tramo autorizado para a pesca de ciprínidos, augas abaixo do couto de Pobra, no tramo do Sarria augas abaixo da ponte da estrada de Samos (rúa Calvo Sotelo do núcleo urbano de Sarria) e no curso principal do Tórdea», debe dicir: «Río Neira e afluentes (Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Láncara, O Corgo, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela), agás no tramo do Sarria augas abaixo da ponte da estrada de Samos (rúa Calvo Sotelo do núcleo urbano de Sarria) e no curso principal do Tórdea».