Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 11099

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2021 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, en virtude de probas selectivas polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas mediante a Resolución reitoral do 25 de marzo de 2019 (DOG do 3 de abril), para o ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, da USC, catro pola quenda de promoción interna e dúas pola quenda de acceso libre, e unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de conformidade co disposto no artigo 87.j) dos estatutos da USC, resolvo:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, da USC, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto deste nomeamento, para tomar posesión deberán realizar a declaración a que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade do artigo 10 da Lei 53/1984.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos,
especialidade bibliotecas, da USC

Quenda de promoción interna.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

1

***0942**

Gómez Fuentes, María Montserrat

2

***2731**

Cuevas Linera, Daniel

3

***8964**

Moreiras Plaza, María Rocío

4

***0924**

Rodríguez Costas, Hipólito

Quenda de acceso libre.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

1

***8873**

Rego López, María del Mar

2

***8721**

Durán Espasandín, Lucía