Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 11166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de febreiro de 2021 pola que se emprazan os interesados no procedemento abreviado 470/2020 do expediente de reposición da legalidade COR/244/2017-A1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, en relación co procedemento abreviado número 470/2020, interposto por Ángel Rial Villaverde, contra a resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 15.9.2020, expediente COR/244/2017-A1, na cal se impón unha primeira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 14.6.2019, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula, que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, emprázase a Mª Rosa Rodríguez Romero para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística