Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 11127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Mañón e Ortigueira (expediente IN407A 2015/243-1).

Expediente: IN407A 2015/243-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: recuamento da LMT MEA-826 derivada ao CT Rego dos Sapos.

Concellos: Mañón e Ortigueira.

Feitos:

1. O 12 de xaneiro de 2016, esta xefatura territorial concedeu a autorización administrativa previa e de construción ás instalacións incluídas no proxecto recuamento LMT MEA-826 derivada ao CT Rego dos Sapos. Con data do 15 de abril de 2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das modificacións comprendidas nos anexos 1 e 2 do proxecto de execución denominado recuamento LMT MEA-826 derivada ao CT Rego dos Sapos. Achegan os seguintes documentos:

• Anexo 1 do proxecto recuamento LMT MEA-826 derivada ao CT Rego dos Sapos.

• Anexo 2 do proxecto para recuamento LMT MEA-826 derivada ao CT Rego dos Sapos.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Servizo de Patrimonio Natural, Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña; Servizo de Patrimonio Cultural, Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña; Servizo Provincial da AXI-Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña; Servizo de Montes, Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña; Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña; Deputación da Coruña; concellos de Mañón e Ortigueira, ademais de Enel Green Power España, S.L. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos por AXI, a Deputación e os servizos de Patrimonio Cultural e Natural. Actualmente, non consta no expediente resposta de Augas, o Concello de Ortigueira e Enel Green Power España, S.L. á solicitude nin á reiteración dos condicionados solicitados. A empresa promotora aceptou o condicionado emitido pola Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña, xa que admitiu as alegacións de UFD Distribución Electricidad, S.A. a parte do seu condicionado técnico. O Concello de Mañón non respondeu ás alegacións feitas pola empresa promotora ao seu condicionado técnico.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe teritorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 39.a) do Decreto 230/2021, do 11 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. A lexislación que se aplicará neste expediente é a que a seguir se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

• Reforma da liña de media tensión MEA-826 entre os apoios número 117/44 e número 117/64, a 20 kV e cunha lonxitude de 2,772 km, con orixe no apoio número 117/44 existente, no treito da derivada ao CT Rego dos Sapos, proxectándose trece (13) apoios e condutor tipo LA-56 mm2 Al.

• Centro de transformación Rego dos Sapos intemperie sobre apoio de formigón que substitúe o existente, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 29 de xaneiro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña