Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10907

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

Por resolución da Alcaldía número 2021-0137 resolveuse nomear funcionaria de carreira do Concello de Porto do Son, pertencente á escala de administración xeral, subescala xestión, clase técnica de xestión, código de posto 2001 a Nerea Garrido Montenegro, con NIF ***8441**.

A persoa nomeada deberá tomar posesión no prazo dun mes, contado desde a publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co previsto no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Porto do Son, 26 de xaneiro de 2021

José Luis Oujo Pouso
Alcalde-presidente