En cumprimento do disposto no artigo 84 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, sobre transformación de cooperativas noutras sociedades, faise público que a asemblea de socios traballadores de Como Cabras, S. Coop. Galega, realizada no pasado día 8 de febreiro de 2021, acordou por unanimidade a transformación da citada sociedade cooperativa nunha sociedade de responsabilidade limitada, coa nova denominación de Touza Vella Queixería, Sociedade Limitada, sobre a base do balance de situación pechado para tal efecto o día 7 de febreiro de 2021, igualmente aprobado pola Asemblea.
Castro Caldelas, 8 de febreiro de 2021
Rocío Sanz Pérez
Administradora única