Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Cañiza (expediente IN407A 2020/41-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Inmovieiro, S.L.

Domicilio social: O Vieiro, s/n, 36880 Cañiza (A).

Denominación: LMTS, CTC polígono industrial Vilanova.

Situación: A Cañiza.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 474 metros de lonxitude, con orixe nun paso aerosubterráneo (PAS) na LMTA FRI802 e final noutro PAS na LMTA FRI802, unha vez que entre e saia do centro de transformación proxectado. Centro de transformación a 400 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado no polígono industrial de Vilanova, A Cañiza.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuizo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada, ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 21 de decembro de 2020

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra