Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 15 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Troitomil, nos concellos da Baña e Negreira (A Coruña) (expediente IN408A 2017/24).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia); na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Green Capital Power, S.L.U. (B85945475).

Domicilio social: rúa Marqués de Villamagna, nº 3, 5º, Torre Serrano, 28001 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico Troitomil.

Municipios afectados: concellos da Baña e Negreira (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 30 MW.

Número de aeroxeradores que se van a instalar: 5×6,00 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta: 102.610 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 20.894.467,54 €.

Localización (área de afección):

Parque eólico Troitomil

(A Baña e Negreira)

Vértice poligonal

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

524.875,08

4.752.786,49

2

524.875,08

4.756.786,49

3

521.166,08

4.756.786,49

4

521.166,08

4.753.207,49

5

523.415,08

4.752.127,49

Parque eólico Troitomil

(A Baña e Negreira)

Aeroxerador

ETRS89 H29

Concellos

UTM-X

UTM-Y

T1

523.218

4.756.036

A Baña

T2

522.879

4.753.785

A Baña

T3

523.313

4.753.512

A Baña

T4

523.589

4.753.083

A Baña

T5

523.590

4.752.535

A Baña

Parque eólico Troitomil

(A Baña e Negreira)

Torre meteorolóxica

ETRS89 H29

Concellos

UTM-X

UTM-Y

TM

522.719

4.754.223

A Baña

Parque eólico Troitomil

(A Baña e Negreira)

Subestación

ETRS89 H29

Concellos

UTM-X

UTM-Y

SET

523.134

4.754.931

A Baña

Características técnicas das instalaciones:

– 5 aeroxeradores de 6 MW de potencia unitaria, con velocidade variable e paso variable, altura ata a buxa de 135 m e un diámetro de rotor de 170 m.

– 5 centros de transformación montados en góndola de potencia unitaria de 6.500 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV, e coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora do parque de 30/132 kV, proxectada, composta por 3 circuítos con condutores tipo DHZ1 15/30 kV 3×1×(95,300) mm² Al.

– Rede de terras xeral de modo que as instalacións electromecánicas e subestación do parque eólico forman un conxunto equipotencial. A rede de terras dos aeroxeradores será con condutor de Cu-50 mm² e a da SET con Cu-95 mm² .

– Subestación transformadora de 30/132 kV, que recollerá a enerxía xerada polo parque eólico Troitomil e a recibida a través de dúas liñas subterráneas, procedentes dos parques eólicos Vilartoxo (27 MW) e Barrosino (13,5 MW) e elevará a súa tensión de xeración de 30 kV mediante un transformador, á tensión de evacuación da posición de liña proxectada, 132 kV, distribuída da seguinte forma:

– Parque de 132 kV en intemperie cunha posición de liña e unha posición de transformador.

– Transformador de potencia tipo intemperie de 80/100 MVA ONAN/ONAF, con relación de transformación 30/132 kV.

Parque de 30 kV con celas SF6 en interior do edificio coa seguinte configuración:

– Unha (1) cela de protección do transformador de potencia do lado de 30 kV.

– Cinco (5) celas de posición de liña, 3 delas pertencentes ao PE Troitomil e as dúas restantes a outros dous parques eólicos, o PE Vilartoxo (27 MW) e o PE Barrosino (13,5 MW).

– Unha (1) cela para equipamentos de compensación de reactiva para conectar un banco de condensadores.

– Unha (1) cela do transformador de servicios auxiliares.

– Unha (1) cela de medida de tensión e intensidade en barras.

No edificio tamén se situará o centro de control, xunto coas comunicacións, proteccións e un transformador de servicios auxiliares de tipo seco de 50 e relación de transformación 30/0,42 kV.

Da subestación sairá unha liña aérea de evacuación de 132 kV dunha lonxitude aproximada de 17,7 km, cun tramo intermedio subterráneo de 0,4 km, ata completar os 18,1 km totais de liña de alta tensión ata a SET Banzas 30/132 kV. Desde esta subestación eléctrica de transformación chegarase ata a SET colectora Lousame 132/220 kV a través doutra liña aérea de 132 kV. Nesta SET elevarase a tensión a 220 kV para evacuar conxuntamente a través dunha liña aérea de 220 kV ata o punto de conexión á rede en SET Lousame 220 kV. As mencionadas instalacións de evacuación son obxecto de proxectos independentes, todas elas en fase inicial de tramitación.

– 1 torre meteorolóxica de medición de 135 metros.

Obxecto da información pública:

A autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (xaneiro 2021-vsdo. 29.1.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico (xaneiro 2021-vsdo. 29.1.2021).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (abril 2020-asdo. 26.5.2020).

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (maio 2020-vsdo. 26.5.2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.8 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia), para o coñecemento xeral e para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 23), así como nos concellos da Baña e Negreira (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través do seguinte enlace:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/troitomil

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Coruña, 15 de febreiro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña