Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións do parque eólico Serra do Faro, ampliación II, situado nos concellos de Rodeiro, Dozón (Pontevedra), San Cristovo de Cea e Piñor (Ourense), promovido por Pena da Costa Eólica, S.L. (expediente IN408A 2020/17).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro de avaliación ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Pena da Costa Eólica, S.L.

Enderezo social: parque San Lázaro, nº 7, 1º andar. 32003 Ourense.

Denominación do proxecto: parque eólico Serra do Faro, ampliación II.

Concellos afectados: Rodeiro, Dozón (Pontevedra), San Cristovo de Cea e Piñor (Ourense).

Potencia que se instalará: 33,6 MW

Produción neta anual estimada: 99.529 MW h/ano.

Orzamento de execución material (sen IVE): 23.891.991 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación do parque eólico:

Vértice

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

1

586.120

4.715.250

2

587.700

4.715.250

3

587.700

4.713.750

4

586.900

4.712.450

5

585.450

4.712.450

6

584.500

4.713.750

7

583.700

4.713.750

8

583.250

4.713.250

9

581.550

4.713.250

10

581.550

4.713.450

11

582.620

4.714.285

12

586.450

4.714.285

13

586.120

4.714.650

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

Concello

X

Y

1

586.630

4.714.850

Rodeiro

2

587.066

4.714.830

Rodeiro

3

585.813

4.714.004

Rodeiro

4

586.206

4.713.859

Rodeiro

5

586.551

4.713.755

San Cristovo de Cea

6

582.458

4.714.071

Dozón

7

583.632

4.714.066

Dozón

8

582.851

4.713.522

San Cristovo de Cea

Coordenadas da subestación:

Subestación

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

586.465,30

4.712.609,67

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico son as seguintes:

• 8 aeroxeradores Vestas V136 de 4.200 kW de potencia unitaria, 112 m de altura de buxa e 136 m de diámetro de rotor.

• 8 centros de transformación, instalados no interior de cada aeroxerador, formados por transformadores de 4.700 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,72/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Rede subterránea de 30 kV de tensión nominal, con condutores tipo RHZ1 18/30 kV Al 240-400 mm2, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación e a subestación transformadora.

• Subestación transformadora, cun transformador principal 30/132 kV de 55/70 MVA e refrixeración ONAN/ONAF, e outro transformador de servizos auxiliares de 100 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,42-0,242 kV, equipamentos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Camiños ou vías para o acceso aos aeroxeradores, edificio de control e subestación eléctrica.

• Edificio de control no cal se situarán, entre outros, as celas de liña, de protección e de medida.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo do impacto ambiental e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía das xefaturas territoriais de Pontevedra da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra, con cita previa no teléfono 986 80 52 39), e de Ourense (rúa Curros Enríquez, 1, 4º, 32071 Ourense, con cita previa no correo electrónico enerxia-minas.ceei.ourense@xunta.gal ou no teléfono 988 38 67 35); así como nos concellos de Rodeiro, Dozón (Pontevedra), San Cristovo de Cea e Piñor (Ourense), e tamén na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79 e 981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A dita documentación estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias das xefaturas territoriais de Ourense e Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como na Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, no prazo de 30 días contados a partir da última publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2021

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais