Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10799

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación (ETX 110/2020).

Eu, María Iria Roman Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 110/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa Baleirón Pérez contra Javier Bello Stout, Bello Gomez, S.C., e Santiago Gomez Baleirón sobre ordinario, foi pronunciado decreto de insolvencia do 29 de xaneiro de 2021 contra o cal se poderá interpor recurso de revisión no prazo de tres días. Faise saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguinte comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bello Gómez, S.C., expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza