Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10800

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 832/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase procedemento ordinario baixo o número 832/2018, en que figura como interveniente Element Factory, no cal se sinalou conciliación e xuízo, para o día 1.3.2021, ás 10.55 horas, na planta 2ª, Edificio da rúa Berlín, ao acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o mesmo día 1.3.2021, ás 11.00 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio da rúa Berlín.

Encontrándose a devandita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente, cumprindo o disposto na Instrución 6/12, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma deste.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza