En cumprimento co disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de obras:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de contratación.
c) Número de expediente: 2017023838, ref. 2474.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de obras.
b) Descrición do obxecto: contratación das obras do proxecto de acondicionamento da estrada desde OU-506 ata o cemiterio de Velle.
c) CPV: 45000000.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 9.10.2017, 13.10.2017 e 20.10.2017.
3. Trámite e procedemento de adxudicación.
a) Trámite: ordinario.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 64.874,76 euros. IVE: 13.623,70 euros. Importe total: 78.498,46 euros.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 5 de novembro de 2020.
b) Data de formalización: 19 de novembro de 2020.
c) Contratista: Construcciones Leonardo Miguélez, S.L.
d) Importe de adxudicación. Importe neto: 41.007,00 euros. IVE: 8.611,47 euros. Importe total: 49.618,47 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa das admitidas e ser o prezo o único criterio de adxudicación.
Ourense, 26 de xaneiro de 2021
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde