Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2021 Páx. 10581

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato das obras do proxecto de alarga de beirarrúa na rúa da Canle desde Fonte do Monte a Ricardo Courtier.

En cumprimento co disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de obras:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de contratación.

c) Número de expediente: 2017022056, ref. 2470.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de obras.

b) Descrición do obxecto: contratación das obras do proxecto de alarga de beirarrúa na rúa da Canle desde Fonte do Monte a Ricardo Courtier.

c) CPV: 45000000.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 3.10.2017, 4.10.2017 e 9.10.2017.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 53.538,57 euros. IVE: 11.243,10 euros. Importe total: 64.781,67 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de novembro de 2020.

b) Data de formalización: 10 de decembro de 2020.

c) Contratista: Rasalérez, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 34.516,32 euros. IVE: 7.248 euros. Importe total: 41.764,75 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa das admitidas e ser prezo o único criterio de adxudicación.

Ourense, 26 de xaneiro de 2021

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde