Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2021 Páx. 10549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o requirimento e apercibimento previo á imposición da primeira multa coercitiva dun expediente sancionador en materia de talleres (expediente IN635C 2020/98-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a persoa interesada que se relaciona no anexo o requirimento e apercibimento previo á imposición da primeira multa coercitiva del expediente sancionador en materia de talleres, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegar a documentación solicitada no último requirimento e presentar as alegacións, informacións ou probas que considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Transcorrido o dito prazo, esta xefatura territorial procederá á imposición de multas coercitivas de acordo co establecido no artigo 35 da Lei 13/2015, do 24 de decembro de 2015, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 249), que prevé a execución forzosa en materia de seguridade industrial e no sector enerxético, e que recolle a posibilidade de imposición de multas coercitivas, logo do apercibimento, reiterables por lapsos de tempo suficientes para o cumprimento da resolución ou requirimento, ata lograr a súa execución polo suxeito obrigado, en contía de 1.000 a 25.000 euros cada unha.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: IN635C 2020/98-4.

Persoa interesada: 1462594S.

Acto notificado: multa coercitiva.