Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10206

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria da Coruña e Cee da Asociación Galega de Transplantes Airiños e da Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (Anedia).

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018, pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria da Coruña e Cee das seguintes asociacións:

Airiños

Asociación Galega de Transplantes

Anedia

Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia

A Coruña, 9 de febreiro de 2021

Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee