Tentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, núm. 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos/ás interesados/as, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Así mesmo, ponse en coñecemento dos/as interesados/as que a resolución relacionada no anexo non esgota a vía administrativa e que poderán interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.
Ourense, 2 de febreiro de 2021
Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente |
DNI/NIE/PAS |
Data de resolución |
29529 |
UH6971903 |
28.10.2020 |
34449 |
Q539181 |
28.10.2020 |
34562 |
FW802781 |
28.10.2020 |
35045 |
080374288 |
28.10.2020 |
39444 |
11717556 |
28.10.2020 |
39612 |
AP324786 |
23.11.2020 |
39615 |
AP864492 |
23.11.2020 |
39774 |
Y7596905L |
23.11.2020 |
39778 |
EC7397349 |
23.11.2020 |
42322 |
AU951174 |
14.1.2021 |
42822 |
Y7754341C |
23.11.2020 |