Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Tentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, núm. 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselles que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerarán desistidos/as da súa petición.

Ourense, 2 de febreiro de 2021

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data de requirimento

42117

FR675203

4.9.2020

42199

AV312221 (representante legal AU951174)

4.9.2020

42202

AV312219 (representante legal AU951174)

7.9.2020

42321

AV413422

4.9.2020

43271

052001037

27.10.2020

43682

C01525181

21.10.2020

44141

C02437504

28.10.2020

44181

YC435841

27.10.2020

44719

Libro de familia (representante legal 059004549)

10.11.2020