Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9956

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 553-2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 553/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Denis Barrio Barral contra Cityhouse Los Tilos, S.L. sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Denis Barrio Barral contra Cityhouse Los Tilos, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a suma de 2.016,23 euros brutos -analizados e polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza-, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade percibidos desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fondo de Garantía Salarial non ten lugar á súa condena nesta instancia e débese atender ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a City House Los Tilos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG e taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza