Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9801

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 5 de febreiro de 2021 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe Divino Maestro de Ourense.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe Divino Maestro de Ourense solicita a modificación da autorización do centro por cambio de titularidade e a ampliación de 1 unidade de educación especial.

Mediante escritura pública notarial do 20 de outubro de 2020, a congregación Misioneras del Divino Maestro, titular do mencionado centro docente, cede súa titularidade á fundación Divino Maestro Fundación Educativa.

O expediente de modificación da autorización tramítase de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Cambio de titularidade

Autorizar o cambio de titularidade do CPR plurilingüe Divino Maestro de Ourense a favor da fundación Divino Maestro Fundación Educativa.

O cambio de titularidade terá efectos do día 1 de xaneiro de 2021 e non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Artigo 2. Ampliación de unidades de educación especial

Autorizar a ampliación de 1 unidade de educación especial co que o centro configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: Divino Maestro.

Código do centro: 32008665.

Enderezo: rúa Madre Soledad, nº 1.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Titular: Divino Maestro Fundación Educativa.

Composición resultante:

• Educación infantil (2º ciclo): 3 unidades

• Educación primaria: 6 unidades.

• Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

• Educación especial: 2 unidades.

• Ciclo formativo de formación profesional básica en informática de oficina (2 unidades de 20 alumnos/as cada unha).

Artigo 3. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento da unidade que se autoriza, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia na unidade que se amplía.

Artigo 4. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade