Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a resolución de outorgamento do permiso de investigación Don Sebastián número 7147.

A Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña fai saber que por Resolución do 4 de novembro de 2020, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, se outorgou o permiso de investigación de recursos mineiros da sección C) Don Sebastián número 7147 de 6 cuadrículas mineiras, no termo municipal de Laxe, provincia da Coruña, por un período de tres anos.

En cumprimento das obrigacións de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña