Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2021, da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 396/2020, interposto contra a desestimación do recurso de reposición interposto fronte á Orde do 8 de xullo de 2020 pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso.

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo recibiu un oficio da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 396/2020, interposto por José Caramés Nogueira contra a desestimación do recurso de reposición interposto fronte á Orde do 8 de xullo de 2020 pola que convoca o proceso selectivo para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso.

En consecuencia, esta Secretaria Xeral Técnica acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove (9) días contados dende o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2021

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo