Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9633

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 296/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 296/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Saúl Fontán Ribada contra a empresa Croma Pintores 2018, S.L., sobre despedimento, se ditou Sentenza do 15.1.2021, que é recorrible en suplicación no prazo de cinco días, a cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Croma Pintores 2018, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza