Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9634

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 297/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 297/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Saul Fontan Ribada contra a empresa Croma Pintores 2018, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza de data 15 de xaneiro de 2021, impugnable en suplicación no prazo de cinco días, a cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Croma Pintores 2018, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza