Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2021 Páx. 9174

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2020/056-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, o día 22.10.2020 quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: recuamento LMT polígono 5 parcela 1012 (BDV705)-Vilobal.

Situación: Concello do Barco de Valdeorras (Ourense).

Orzamento: 24.163,35 €.

Características técnicas:

– Desvío da LMTS BDV705 a 15 kV e dobre circuíto na acometida ao CT O Serro (32CBS1), que fora legalizada dentro do expediente IN407A 2016/177-3 e que está afectada pola construción dun viaduto, con 2 tramos en subterráneo, tramo inicial de 9 m de lonxitude e tramo final de 14, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, e un treito intermedio en aéreo de 67 m de lonxitude en condutor tipo LA-56 sobre dous novos apoios do tipo C-14/2000.

– LMTS, reposición a definitivo en subterráneo, en bandexa encostada ao sinalado viaduto, unha vez construído aquel, de 66 m de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1X240) mm2 Al, con orixe e final nos empalmes da LMTS BDV705 na acometida ao CT O Serro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 20 de xaneiro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense