Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8877

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 31/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 31/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Rosua Pomares contra Benito Mirazo e Hijos, S.L., Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Ambuibérica, S.L., Ambulancias Transa, S.L.U. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

– Citar as partes para que comparezan o día 16 de setembro de 2021, ás 9.25 horas, na planta baixa, sala de vistas, Edificio Xulgados, ao acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o día 16 de setembro de 2021, ás 9.30 horas, na planta baixa, sala de vistas, Edificio Xulgados, ao acto de xuízo.

– Cítese a entidade Ambulancias Transa, S.L.U. mediante edictos publicados no boletín oficial correspondente.

– Cítese o Fogasa.

– Advírtanse as partes que, en caso de non compareceren nin alegaren xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante non comparecido será tido por desistido da súa demanda. A non comparecencia do demandado non impedirá a celebración dos actos de conciliación e xuízo, e o procedemento continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

Respecto aos outrosís solicitados, para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Respecto ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social, para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

De ser o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, se é o caso, o/a xuíz admitila no acto de xuízo (artigo 87 da LXS).

– Dada a capacidade das salas de vistas e a necesidade de que cada órgano xudicial ordene o acceso ao público, de conformidade co disposto no artigo 20 do RDL 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza, e Acordo gobernativo do 20 de maio de 2020, co fin de favorecer e facilitar o cumprimento desta medida de prevención e seguridade recoméndase aos profesionais que comuniquen ao xulgado con antelación razoable o número de testemuñas e/ou peritos de que intenten valerse, en caso de que sexa a súa intención propoñelos no acto de xuízo, con indicación dos seus datos de identidade, para favorecer o control de acceso e saída por parte do servizo de vixilancia.

– Antes da notificación desta resolución ás partes, paso a dar conta a SSª do sinalamento efectuado.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou os interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Benito Mirazo e Hijos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza