Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8887

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (DSP 585/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 585/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Varela Graña contra José Alonso Seoane, José Ramón Rodeiro Camino, Gialak Transportes, S.L., Sebas, S.C., María Dolores Otero Framil e Fogasa, sobre despedimento, se ditou auto de aclaración de sentenza con data 19 de xaneiro 2021.

O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Alonso Seoane, Gialak Transportes, S.L., Sebas, S.C. e María Dolores Otero Framil, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza