Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8886

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 10/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ETX 10/2020 deste xulgado se ditou Decreto do 20 de xaneiro de 2021, contra o cal se poderá interpoñer recurso de revisión no prazo de tres días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución, así como da demanda executiva, na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Óscar Pérez López, S.L., expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza