O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o día 10 de novembro de 2020, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Calcova, no termo municipal de Fisterra, provincia da Coruña.
Ao non poder realizar a notificación persoal da incoación aos herdeiros de Cándido Traba Casáis, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita incoación mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da incoación que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse.
Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2021
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística