Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 23 de decembro de 2020, se autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:
Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.
Identificación e localización: parcela número 525-A dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 178,45 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: mortis causa.
Antigo titular: José Vicente Fragua Rial.
Nova titular: María Sol Fragua Trigo (***4703**).
A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas do anterior.
Vigo, 28 de decembro de 2020
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo