Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8294

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ORDE do 3 de febreiro de 2021 pola que se nomean vogais do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia.

O artigo 10 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, crea o Consello Reitor como órgano colexiado de goberno da axencia integrado pola Presidencia, Vicepresidencia e sete vogais, xunto cunha secretaría.

O número 2 do artigo 13 do referido decreto regula a composición deste e dispón o seguinte:

2. O Consello Reitor estará integrado polos seguintes membros:

(…)

c) Sete vogais, nomeados pola persoa titular da consellería de adscrición:

– Tres vogais representarán a consellería competente en materia de enerxía e serán designados por esta.

– Dous vogais representarán a consellería competente en materia de ordenación do territorio e ambiente e serán propostos por esta.

– Un/unha vogal en representación da consellería competente en materia de facenda e será proposto/a por esta.

– Un/unha vogal representará as corporacións locais e será proposto/a pola Fegamp.

En virtude do anterior, e unha vez feitas as designacións por parte das respectivas persoas titulares das consellerías correspondentes, é necesario facer o seu nomeamento que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Así, de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 13 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia,

DISPOÑO:

Nomear vogais do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia as seguintes persoas:

a) En representación da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

– Pablo Casal Espido, secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

– Fernando Guldrís Iglesias, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

– Patricia Argerey Vilar, directora da Axencia Galega de Innovación (Gain).

b) En representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda:

– María Sagrario Pérez Castellanos, directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

– María Encarnación Rivas Díaz, directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

c) En representación da Consellería de Facenda e Administración Pública:

– María Socorro Martín Hierro, secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública.

d) En representación da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp):

– Alberto Varela Paz, presidente da Fegamp.

Santiago de Compostela, 3 de febrero de 2021

Francisco Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación