En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada por Unións Agrarias-UPA,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a Alba Torreira Puga, en representación de Unións Agrarias-UPA.
Santiago de Compostela, tres de febreiro de dous mil vinte e un
Alberto Núñez Feijóo
Presidente