Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8177

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 692/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 692/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Juan Ramón Castaño Igrexas contra a empresa Orquesta La Nueva Phila, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido:

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Juan Ramón Castaño Igrexas contra Orquesta La Nueva Phila, S.L., debo condenar e condeno á mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.342,30 euros brutos en concepto de salarios devindicados polos días de prestación de servizos do período de febreiro a setembro de 2017; máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Orquesta La Nueva Phila, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza