Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8175

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (SSS 691/2016).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Purificación López Cabanas contra Mutua Fremap, Instituto Nacional da Seguridade Social, Sobeida Mena Capellán, Ana María Veiga Mena, Luis González Salgado, en reclamación por seguridade social, rexistrado co nº 691/2016, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Sobeida Mena Capellán e Ana María Veiga Mena, en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 24.3.2021, ás 12.00 horas, na planta 4, sala 9, Edif. Xulgados, para a celebración do xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que tenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Sobeida Mena Capellán e Ana María Veiga Mena, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 11 de xaneiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza