Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8174

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (527/2018).

Eu, María Branco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou Resolución con data do 16 de novembro de 2020, dirixida a Industrias y Talleres Barces, S.L. (Intabar, S.L.), contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselle saber igualmente que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto e que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que sirva de notificación en legal forma Industrias y Talleres Barces, S.L. (Intabar, S.L.), en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza