Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8160

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de xefe/a de servizo de Atención Primaria.

Mediante a Resolución do 9 de novembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 235, do 20 de novembro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de xefe/a de servizo de Atención Primaria.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Declarar resolta a convocatoria e adxudicar os postos de xefe/a de servizo de Atención Primaria que se relacionan en el anexo I.

Segundo. Os/as aspirantes deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2021

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Adxudicación de prazas

Apelidos e nome

DNI

Código

Denominación da praza

Servizo

Rodríguez Castro, Eva María

***1997**

SF-A1-250

Xefa de servizo de Atención Primaria

Servizo de Cambados (Pontevedra)

Fransi Galiana, Luis Ricardo

***4118**

SF-A1-25O

Xefe de servizo de Atención Primaria

Servizo de Lérez (Pontevedra)