Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8162

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de supervisión de Área Funcional.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar os postos de Supervisión de Área Funcional na Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés aos/ás aspirantes seleccionados/as relacionados no anexo.

Segundo. O/A aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2021

José Ramón Gómez Fernández
Xerente Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Adxudicación de prazas

Apelidos e nome

DNI

Código

Denominación

Servizo/Unidade

Gutérrez Ferreira, María Dolores

***1294**

S-A2-02

Supervisión Área Funcional

Recursos Materiais

Área Sanitaria

Pontevedra e O Salnés

Sueiro Otero, María Isabel

***1281**

S-A2-02

Supervisión Área Funcional Servizos Centrais Área Médica

Complexo Hospitalario Universitario Pontevedra

Casal Arias, Loreto de

La Concepción

***0340**

S-A2-02

Supervisión Área Funcional

da Atención ao Usuario e

Humanización

Área Sanitaria

Pontevedra e O Salnés

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.