Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2021 Páx. 7841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2021 polo que se someten a información pública simultaneamente o estudo de impacto ambiental, así como o estudo ambiental estratéxico e as solicitudes de autorización da construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da ampliación do aproveitamento hidroeléctrico de Portodiz, no río Furelos, concellos de Melide e Santiso, provincia da Coruña (expediente 5/244/2/3).

Na Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico estanse a tramitar os procedementos de aprobación do proxecto construtivo, o cal deberá ser autorizado por Augas de Galicia, e o de aprobación do proxecto sectorial, que deberá ser aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, os artigos 104 e seguintes do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, e os artigos 21 e 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (avaliación de impacto ambiental ordinaria do proxecto construtivo e avaliación ambiental estratéxica ordinaria do proxecto sectorial), sométense ao trámite de información pública os documentos achegados en setembro do ano en curso, titulados:

– «Proxecto construtivo modificado da ampliación da central hidroeléctrica de Portodiz, no río Furelos, Santiso (A Coruña). Agosto 2020».

– «Estudo de impacto ambiental. Xuño 2020, incluído no proxecto construtivo modificado da ampliación da central hidroeléctrica de Portodiz, no río Furelos, Santiso (A Coruña). Separata VI».

– «Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. Agosto 2020, incluído no proxecto construtivo modificado da ampliación da central hidroeléctrica de Portodiz, no río Furelos, Santiso (A Coruña). Separata X».

– «Proxecto de ampliación da central hidroeléctrica de Portodiz. Estudo ambiental estratéxico. Xullo 2019».

O que se fai público para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes, persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, e que poderán presentarse por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo 45 días, que comezará a computarse a partir da data de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio, ademais da súa inserción no mencionado boletín, será obxecto de exposición ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos de Melide e Santiso.

Para os expresados efectos, estará dispoñible unha copia da solicitude de autorización así como da documentación técnica achegada polo peticionario, para que poidan ser examinadas nas dependencias administrativas de Augas de Galicia, sitas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15703 Santiago de Compostela, así como nas dependencias dos concellos de Melide (praza do Convento, nº 5, 15800, Melide, A Coruña), Santiso (Agro do Chao, Arcediago, 15808, Santiso, A Coruña) e na páxina web deste organismo de bacía, http://augasdegalicia.xunta.gal (na sección denominada Participación Pública).

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2021

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia