Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2021 Páx. 7839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-PO-0780/2018-PPM e catro máis.

Tentada sen éxito a notificación persoal de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante a Consellería do Mar, ou ben poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Os expedientes relacionados a seguir están á disposición dos interesados na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela; teléfono 881 99 71 77).

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº Expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0780/2018-PPM

36033532F

Resolución de remisión de suspensión condicional

A Ribeira, 16, Meira, 36950 Moaña, Pontevedra

PSC-PO-0869/2018-PPM

36129683H

Resolución de remisión de suspensión condicional

Camiño da Revolta, 10, Baredo, 36309 Baiona, Pontevedra

PSC-PO-0514/2019-PRE

76987439E

Resolución de remisión de suspensión condicional

Bº Razas, 9, 36380 Gondomar, Pontevedra

PSC-CO-1355/2018-COP

76349365Z

Resolución de remisión de suspensión condicional

Bermún, s/n, A Pereiriña, 15138 Cee, A Coruña

PSC-CO-0385/2019-PPM

79328351V

Resolución de remisión de suspensión condicional

Rúa Tetuán, 88, 3º B, 15940 A Pobra do Caramiñal, A Coruña