Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2021 Páx. 7834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2021 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da batea Diz I e da concesión administrativa que a ampara.

Visto o expediente instruído a efectos de transmisión da batea Diz I, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. O 1 de decembro de 2020, José Benito González Vicente solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Diz I.

Segundo. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente e favorable.

b) Consideración legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior, resolvo:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Irene González Vicente (***7945**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Diz I.

Situación:

Cuadrícula nº: 99.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 30.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: José Benito González Vicente (***4506**).

Nova titular: Irene González Vicente (***7945**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O titular actual deberá presentar no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

– Documento notarial da transmisión ou doazón.

– Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña