Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2021 Páx. 7824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Marco, no concello de Lugo (expediente 3/2018).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 11.1.2021 na sala de xuntas da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Miguel Ángel Cela González, Mª Esmeralda Mouriz Fernández e Antonio José López-Acuña Herrero, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Nome: Marco.

– Pertenza: Veciños da parroquia do Burgo.

– Parroquia: O Burgo.

– Concello: Lugo.

– Superficie: 6,60 hectáreas.

Na seguinte táboa indícanse as referencias catastrais das parcelas clasificadas así como das estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcelas clasificadas

Parcelas estremeiras

27900A19400043

Norte

27900G50200134

27900G50200133

27900G50200132

27900A19400050

27900A19400051

27900A19400060

27900A19400061

27900A19400062

27900A19400063

27900A19400064

27900A19400065

27900A19400066

27900A19400067

27900A19400068

27900A19400069

27900A19400070

Leste

27900A19400092

Sur

27023A08100100

27023A08100109

27023A08100118

27023A08100119

27023A08100120

27023A08100121

27023A08100122

27023A08100123

Oeste

27900G50200134

27900A19400092

Norte

27900A19400071

27900A19400072

27900A19400074

27900A19400076

27900A19400078

Leste

27900A19400093

Sur

27023A08100100

Oeste

27900A19400043

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. O anterior, en relación co precepto legal recollido no artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e no artigo 28 do seu regulamento.

Lugo, 14 de xaneiro de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

missing image file