Coa finalidade de incrementar a transparencia e a difusión da actividade desenvolvida polo Consello de Contas
DISPOÑO:
Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Consello de Contas de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2020, que se incorpora como anexo I a esta resolución.
Segundo. Para os efectos de completar a Resolución do conselleiro maior do 1 de xuño de 2020 pola que se da publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2020 (DOG núm.111, do 9 de xuño), darlle publicidade ao convenio de colaboración subscrito no primeiro cuadrimestre pendente de publicar, que se incorpora como anexo II a esta resolución.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021
José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
ANEXO I
Convenios de colaboración subscritos polo Consello de Contas de Galicia no terceiro cuadrimestre de 2020
Convenio |
Importe € |
Data de sinatura |
Convenio de colaboración entre o Consello de Contas de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o uso dos servizos da Rede de telecomunicacións Corporativa da Xunta de Galicia. |
Non superará os seguintes importes para cada unha das anualidades: Anualidade 1 (2021): 15.943,60 € Anualidade 2 (2022): 19.132,32 € Anualidade 3 (2023): 19.132,32 € Anualidade 4 (2024): 3.188,72 € |
3.11.2020 |
ANEXO II
Convenios de colaboración subscritos polo Consello de Contas de Galicia no primeiro cuadrimestre de 2020
Convenio |
Importe € |
Data de sinatura |
Convenio de colaboración entre o Tribunal de Contas e os órganos de control externo polo que acordan as condicións de utilización, explotación e mantemento das aplicacións informáticas que forman a plataforma e o portal de rendición de contas das entidades locais. |
Exercicio 2021: 23.269,234 € Exercicio 2022: 23.269,234 € Exercicio 2023: 23.269,234 € |
25.2.2020 |