Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7540

III. Outras disposicións

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en diante, APLU) no terceiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución, tendo en conta que os convenios de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística entran en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANEXO

Obxecto do convenio

Importe económico

Data da sinatura

Entrada en vigor

Adhesión á APLU do Concello de Alfoz con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Concello de Alfoz: 10 % do produto de multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal en exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

22.7.2020

12.9.2020

Adhesión á APLU do Concello de Guitiriz con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Concello de Guitiriz: achega de 50 € e dereito ao 10 % do produto de multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

30.10.2020

4.12.2020

Adhesión á APLU do Concello de Ames con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Concello de Ames: achega de 11.200 € e dereito ao 10 % do produto de multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

30.10.2020

15.12.2020

Adhesión á APLU do Concello do Rosal con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Concello do Rosal: achega de 2.150 € e dereito ao 10 % do produto de multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

30.10.2020

17.12.2020