Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG número 14, do 22 de xaneiro de 2021, é necesario efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 3832, nas letra c) e d), falta a palabra «día», polo que debe dicir:
«c) Nas adquisicións por causa de morte, en que non se produza o falecemento do transmitente, o prazo é dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se formalice o acto ou contrato».
«d) Nos demais supostos, o prazo será dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se cause o acto ou contrato, salvo no caso da declaración-documento sucesorio para o que non existe prazo de presentación».