Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7305

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (XVH 409/2020).

Eu, Ángel Santos Gómez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que neste procedemento se ditou sentenza o 6 de setembro de 2020 que, no seu encabezamento e resolución, é do teor literal seguinte:

Sentenza número 171/2020

Vigo, 6 de outubro de 2020.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 409/2020 se seguen por instancia de Wedverville Spain, Sociedad Limitada, representada polo procurador José Portela Leirós e dirixida pola letrada Elisabeth Tolosa Jarauta, contra dos ignorados ocupantes da vivenda sita na avenida de Castrelos, 149, 4º A, de Vigo, declarados en situación de rebeldía, os cales teñen por obxecto unha pretensión de desafiuzamento por precario.

Resolución

Acollo totalmente a demanda interposta por Wedverville Spain, Sociedad Limitada contra os ignorados ocupantes da vivenda sita na avenida de Castrelos, 149, 4º A, de Vigo, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno os ignorados ocupantes da vivenda sita na avenida de Castrelos, 149, 4º A, de Vigo, a que a deixen libre, vacua e expedita, ao dispor da demandante, coa advertencia de que, en caso de non facelo voluntariamente, terá lugar o seu lanzamento.

2º. Condeno os ignorados ocupantes da vivenda sita na avenida de Castrelos, 149, 4º A, de Vigo, a aboar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lle fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino.

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei de axuizamento civil, mediante este notifícase aos ignorados ocupantes da vivenda sita na avenida de Castrelos, 149, 4º A, Vigo, baixo os apercibimentos contidos na dita sentenza.

Vigo, 9 de outubro de 2020

O letrado da Administración de xustiza