Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2020 pola que se acorda a aprobación definitiva e se somete a información pública o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicación de Meda (Monte Cabeza de Meda, entre os concellos de Xunqueira de Espadanedo e Montederramo-Ourense), incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A.

En relación co expediente expropiatorio para a execución do Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal e tendo en conta os seguintes antecedentes:

I. Mediante a Resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia do 20 de maio de 2013, publicada no DOG nº 114, do 17 de xuño de 2013, faise pública a aprobación definitiva e as disposicións normativas do Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, aprobado mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2013.

De conformidade co establecido na disposición adicional primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no artigo 11.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, a citada resolución do Consello da Xunta, no punto segundo da parte dispositiva, declara a utilidade pública e interese social, para os efectos expropiatorios, do Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal.

De conformidade co disposto no artigo 85.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados, para os fins da expropiación ou imposición de servidumes.

II. Actúa como Administración expropiante a Consellería de Facenda e Administración Pública e Retegal como beneficiaria da expropiación pola Resolución do 11 de maio de 2018, da Consellería de Facenda e Administración Pública, coas consecuencias legais derivadas destas posicións xurídicas.

III. Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 7/2015, do 30 de outubro, pola que se aproba o texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana, na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

IV. Ao se tratar dunha expropiación urbanística, este expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta, de acordo co disposto no artigo 118 e concordantes da Lei do solo de Galicia.

V. Mediante a Resolución do conselleiro de Facenda e Administración Pública do 2 de agosto de 2019, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicación de Meda (Monte Cabeza de Meda, entre os concellos de Xunqueira de Espadanedo e Montederramo-Ourense), incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A., polo procedemento de taxación conxunta, e sometelo a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no Diario Oficial de Galicia nº 167, do 4 de setembro de 2019, e no xornal La Región do 10 de setembro de 2019. Para os mesmos efectos, deuse traslado aos concellos de Xunqueira de Espadanedo e Montederramo (Ourense), así como á Subdirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública.

VI. A taxación foi notificada individualmente aos que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da resolución e da correspondente folla de valoración, así como da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de recepción da notificación referida, tal e como se sinala no artigo 118.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Igualmente, o expediente estivo exposto á disposición dos interesados nos concellos de Xunqueira de Espadanedo e Montederramo (Ourense) e na Subdirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública en Santiago de Compostela (sita na rúa Pastoriza 8, 2º).

VII. Emitiuse informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polo interesados, de conformidade co artigo 118.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Fundamentos xurídicos:

Primeiro. O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

Segundo. O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva exixida polo artigo 118.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia:

– Delimitación do ámbito territorial cos documentos que o identifiquen en canto a situación, superficie e lindeiros, coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares.

– Fixación dos prezos coa valoración razoada do solo, segundo a cualificación urbanística.

– Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, en que se conterá non só o valor do solo, senón tamén o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.

– Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións.

A relación de propietarios, predios e superficies é a que figura no anexo que se xunta.

Terceiro. Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse aos establecidos no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

Cuarto. A competencia para aprobar o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle ao conselleiro de Facenda e Administración Pública.

Na súa virtude, vista a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, e as demais disposicións aplicables, e tras a proposta realizada,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicación de Meda (Monte Cabeza de Meda, entre os concellos de Xunqueira de Espadanedo e Montederramo-Ourense), incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A., para os efectos previstos polo artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, coa estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes respecto de cada unha das que constan no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente implica a declaración de urxencia de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 118.10 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 118.11 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

Segundo. Notificarlles o contido desta resolución de aprobación definitiva do expediente e de xeito individualizado a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran no expediente, aos cales se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao do recibo da notificación da presente resolución. Durante este prazo de vinte días poderán os interesados manifestar, por escrito dirixido á Subdirección Xeral do Patrimonio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública en Santiago de Compostela e presentado no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela ou nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 118.7 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Advírtese que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade co artigo 118.8 da referida Lei 2/2016.

Terceiro. Publicar a presente resolución, así como o seu anexo coa relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia, na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/expropiacions e nos taboleiros de edictos dos concellos de Xunqueira de Espadanedo e Montederramo, o que lles servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada esta, non se puidese practicar. O cómputo do prazo de vinte días para estes interesados comezará desde o día seguinte ao da referida publicación no DOG. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 41.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ser impugnada directamente no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, no lugar do recurso de reposición poderalle dirixir ao órgano competente, no prazo de dous meses, o requirimento previo previsto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días, contados a partir do seguinte da recepción da notificación, para manifestala por escrito.

A relación dos propietarios, predios e superficies é a que figura no anexo que se achega.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Nº de

predio

Nº catastro

Titular

DNI/NIF

Superficie afectada (m2)

Afección

Pol.

Parc.

1

1

559

CMMVMC de Cacharrequille, Os Currás, O Medón e As Ratoeiras

(Montederramo)

***2609**

3.746,00

Expropiación

2

40

4

CMMVMC de Cacharrequille

(Xunqueira de Espadanedo)

***2507**

2.110,00

Expropiación

3

1

559

CMMVMC de Cacharrequille, Os Currás, O Medón e As Ratoeiras

(Montederramo)

***2609**

469,00

Servidume de paso

4

1

559

CMMVMC de Cacharrequille, Os Currás, O Medón e As Ratoeiras

(Montederramo)

***2609**

278,00

Servidume de paso instalac.