Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7070

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2020

Convenio

Achega económica da consellería (€)

Data

sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Ordes, para a execución do proxecto denominado Adquisición de vehículo híbrido para actuacións de protección do ambiente.

32.000 €

14.9.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Ribadavia para a execución do proxecto denominado Mellora da eficiencia enerxética da casa do concello.

40.107,93 €

14.9.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Pazos de Borbén para a execución do proxecto denominado Sistema de cloración continuo para depósitos de auga potable en Moscoso e Mosteiro.

6.266,83 €

15.9.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello da Peroxa para a execución do proxecto denominado Renovación das instalacións de luz pública en varios núcleos da Peroxa.

38.079,02 €

15.9.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación «España con Acnur» (Comité Español do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados) para o proxecto Loita contra a violencia sexual e a discriminación socio-económica das mulleres na República Democrática do Congo-RDC.

84.000 €

18.9.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e Unicef, Comité Español para o proxecto de servizos integrados de prevención e resposta á violencia de xénero e protección infantil para nenos e nenas refuxiadas en Uganda.

84.000 €

18.9.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación Comité Español da UNRWA (UNRWA España) para o proxecto de protección e atención ás mulleres sobreviventes vítimas de violencia machista nos campos de poboación refuxiada da franxa de Gaza durante a pandemia de Covid-19.

84.000 €

18.9.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Asociación Gallega de Ludópatas en Rehabilitación (Agalure) en materia de xogo responsable.

5.000 €

24.9.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Asociación Gallega de Jugadores Anónimos (Agaja) en materia de xogo responsable.

5.000 €

24.9.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Fundación Galega contra o Narcotráfico para a xestión de bens comisados en delitos contra o narcotráfico e conexos.

15.000 €

25.9.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Sanxenxo para a execución do proxecto denominado Semipeonalización do paseo da praia de Silgar.

30.000 €

28.9.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Crecente para a execución do proxecto denominado Obras de reparación da cuberta do centro de saúde de Filgueira.

20.000 €

1.10.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Dozón para a execución do proxecto denominado Reparación da rede de abastecemento de auga de Covelos e A Gouxa.

31.951,56 €

15.10.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Ribeira para a execución do proxecto denominado Adquisición dun vehículo para o servizo de emerxencias municipal.

0 €

19.10.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Noia para a execución do proxecto denominado Corrección de punto de vertedura incontrolada e recuperación de espazo ambientalmente degradado en senda peonil de Abruñeiras a Río do Porto.

10.000 €

20.10.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Dozón para a execución do proxecto denominado Obras de mellora da eficiencia enerxética nun edificio de titularidade municipal.

51.648,42 €

21.10.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e as organizacións non gobernamentais Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación ONGD Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz para a execución do proxecto «Cooperación galega: o mundo que queremos 2020-2021».

70.000,06 €

21.10.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Escola Galega de Administración Pública e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento de cursos na modalidade de teleformación.

0 €

23.10.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia para a prestación de asistencia pericial á Administración de xustiza.

0 €

26.10.2020

Acordo de prórroga do convenio entre a Cooperación Descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria.

50.000 €

26.10.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para a prestación do servizo de intérpretes en lingua de signos e guías-intérpretes para persoas xordocegas na Administración de xustiza en Galicia.

0 €

27.10.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Mos para a execución do proxecto denominado Drenaxe no cemiterio municipal da Gándara-Torroso.

0 €

2.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Ponteceso para a rehabilitación e equipamento dos locais do xulgado de paz.

10.000 €

4.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Muros para a execución do proxecto denominado Acondicionamento de espazo dotacional á beira da estrada AC-550, no lugar de San Francisco-Louro.

15.000 €

6.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Cenlle para a execución do proxecto denominado Mellora de abastecemento en Roucos.

26.824,06 €

6.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Soutomaior en materia de protección civil e emerxencias, colaborando nos gastos da adquisición e dotación dun vehículo todoterreo de protección civil e emerxencias.

20.800 €

10.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Soutomaior para a execución do proxecto denominado Mellora da eficiencia enerxética e redución da contaminación lumínica na instalación de luz pública das rúas Barroncas e Lameiriñas (Arcade).

17.649,70 €

11.11.2020

Modificación do convenio subscrito entre a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da súa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, para que persoas bolseiras da Comunidade Autónoma de Galicia completen a súa formación nas unidades de cooperación no exterior.

0 €

16.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello da Gudiña para a execución do proxecto denominado Reforma e adaptación de nave para maquinaria do grupo de emerxencias municipais.

31.400 €

18.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (Cogave).

5.000 €

18.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local da Coruña (COSITAL Coruña).

6.609,95 €

18.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Lugo (COSITAL Lugo).

1.372,28 €

18.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra (COSITAL Pontevedra).

2.017,77 €

18.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Valga para a execución do proxecto denominado Mellora da eficiencia enerxética no edificio de usos administrativos.

30.000 €

18.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Marín para a execución do proxecto denominado Mellora da eficiencia enerxética na rede de luz pública da rúa Concepción Arenal.

13.799,45 €

19.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Palas de Rei para a execución do proxecto denominado Vehículo para o servizo de emerxencias e protección do ambiente.

28.800 €

19.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Monterrei para a execución do proxecto denominado Instalación de carpintaría exterior en edificación destinada a sala de reunións para mellora da eficiencia enerxética.

13.550,64 €

19.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Silleda para a adquisición dun vehículo de Policía local destinado a tarefas de protección ambiental.

8.893,50 €

19.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello do Grove para a execución do proxecto denominado Mantemento dun grupo municipal de atención a emerxencias.

41.669,67 €

20.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, o Colexio de Avogados de Vigo e o Colexio de Psicoloxía de Galicia para o desenvolvemento do programa de mediación familiar intraxudicial para o ano 2020 en Vigo.

20.000 €

23.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, o Colexio de Avogados de Pontevedra e o Colexio de Psicoloxía de Galicia para o desenvolvemento do programa de mediación familiar intraxudicial para o ano 2020 en Pontevedra.

20.000 €

23.11.2020

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cartelle para a realización das obras de construción dun parque infantil no núcleo de Aúlfe.

22.761,40 €

25.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) para a adquisición dun vehículo adaptado.

14.159,39

25.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Arteixo para a adquisición dun vehículo UTV destinado a actuacións de protección ambiental.

25.000 €

25.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela e a Universidade de Santiago de Compostela, a través do CIARCUS, para o desenvolvemento do programa experimental de mediación no ámbito penal en Santiago de Compostela en 2020.

12.000 €

27.11.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia (actualmente Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo) e Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.

28.997,95 €

27.11.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Muros para colaborar nos gastos de adquisición e dotación dunha carpa para uso do GES de Muros en materia de protección civil e emerxencias.

3.600 €

1.12.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Vilar de Barrio para a execución do proxecto denominado Soterramento de redes e pavimentación de rúa en Vilar de Barrio.

5.541,29 €

2.12.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Folgoso do Courel para a execución do proxecto denominado Área recreativa e heliporto en Seoane.

0 €

15.12.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación en favor de Persoas con Discapacidade Intelectual da provincia de Pontevedra-ASPANAEX para a reforma dun edificio para uso residencial de persoas con discapacidade intelectual na Cidade de Vigo.

0 €

17.12.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para a realización de programas de atención e protección da saúde.

0 €

18.12.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Política Social, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2020 en Santiago de Compostela, Padrón, Negreira, Ordes e Arzúa.

10.000 €

18.12.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Política Social, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Ferrol para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2020 en Ferrol.

10.000 €

18.12.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Política Social, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados da Coruña para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2020 na Coruña.

10.000 €

18.12.2020

Convenio de colaboración para a incorporación do Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL) ao sistema automático de prestacións homologadas de contratación centralizada da Xunta de Galicia.

0 €

23.12.2020