Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7155

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2021.

Advertido erro na versión en galego da referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 17, do 27 de xaneiro de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 4871, onde di:

«2. Período de pesca.

Desde o día seguinte á data da publicación no DOG da resolución que autoriza este plan ata o 31 de outubro de 2021, período aplicable ás tres zonas de pesca A, B e C.

O número previsto de días de actividade está entre 20-23 días ao mes, cun máximo de 197 días por tempada».

Debe dicir:

«2. Período de pesca.

Desde o día seguinte á data da publicación no DOG da resolución que autoriza este plan, e non antes do 1 de febreiro, ata o 31 de outubro de 2021, período aplicable ás tres zonas de pesca A, B e C.

O número previsto de días de actividade está entre 20-23 días ao mes, cun máximo de 197 días por tempada».