Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7156

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o terceiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora no anexo I desta resolución.

No anexo II da resolución dáse publicidade a un convenio de colaboración subscrito pola Consellería de Política Social durante o terceiro cuadrimestre do ano 2019.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social

ANEXO I

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2020

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña).

Establecer a colaboración para a atención residencial e a intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na LORPM no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña).

1.9.2020

5.002.687,44 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Asociación Manaia para a execución do Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas.

O financiamento para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do programa, mediante o cal se facilita un axeitado desenvolvemento da persoa menor adoptada mediante a orientación, o asesoramento, acompañamento e apoio especializado ás familias adoptantes e/ou ás persoas menores.

16.9.2020

41.692,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Cruz Vermella de Galicia para a execución do programa de Familias Acolledoras, dirixido ao acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo.

Contribuír ao financiamento para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia dun programa cuxa finalidade é unha atención temporal a aqueles menores en situación de risco, desamparo ou desprotección social, tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

21.9.2020

463.866,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Camiña Social para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña

Regular a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da LORPM, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da dita lei, no ámbito da provincia da Coruña.

1.10.2020

1.070.418,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Andrea para o desenvolvemento dun programa denominado soporte vital ás familias con nenas/nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos no ano 2020.

O financiamento do Programa soporte vital ás familias con nenas/os con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos, que ten como finalidade o apoio a estas familias a través do tratamento médico dos menores tanto no fogar familiar como nos distintos hospitais de España, o traslado, a asistencia privada a sesións de fisioterapia, a sesións de logopedia, a sesións de musicoterapia, equipamentos ortopédicos e os derivados da adecuación das vivendas ou vehículos para nenas e nenos con diversidade funcional.

14.10.2020

20.000,00 €

Convenio de colaboración para o ano 2020, entre a Consellería de Política Social e a Fundación Juansoñador para o desenvolvemento do programa socioeducativo e de lecer e tempo libre, de atención integral para a infancia, a adolescencia e as familias.

Contribuír ao financiamento para o desenvolvemento do Programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral dos menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social que estean baixo a tutela e/ou garda da Xunta de Galicia, mediante o cal se lles facilita o adecuado desenvolvemento persoal e social aos menores participantes nas actividades que se desenvolven.

3.11.2020

157.912,94 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Secretariado Gitano para o desenvolvemento do programa Promociona no ano 2020.

O financiamento do programa Promociona que promove e desenvolve a Fundación Secretariado Gitano, destinado ao apoio ás familias con menores en idades escolares para mellorar as condicións do ámbito da educación no propio fogar apoiando os alumnos e alumnas xitanos/as e as súas familias co fin de reducir o abandono escolar. O obxectivo deste programa é favorecer a normalización educativa do alumnado xitano e conseguir taxas máis elevadas de éxito académico durante a etapa de escolarización obrigatoria, con especial incidencia no último ciclo de educación primaria (5º e 6º curso) e en educación secundaria obrigatoria (1º a 4º curso) e promover a continuidade en estudos medios e/ou superiores e formación profesional para o que se prestará orientación educativa e familiar e sesións de apoio escolar e reforzo aos alumnos.

11.11.2020

132.908,24 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Meniños para a execución do Programa de intervención con nenos e nenas vítimas de abuso sexual para o ano 2020.

Contribuír ao financiamento para o desenvolvemento do Programa de intervención con persoas menores vítimas de abusos sexuais en Galicia para o ano 2020.

30.11.2020

65.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á protección e promoción dos dereitos da infancia.

O financiamento dun programa para a protección e promoción na Comunidade Autónoma de Galicia dos dereitos da infancia, recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno. A promoción da participación dos nenos e nenas de Galicia en todos os ámbitos da sociedade e de xeito especial no deseño e toma de decisión das medias que inciden directamente na súa calidade de vida e no respecto dos seus dereitos. Fortalecer as estruturas democráticas e da sociedade civil galega mediante o apoio, a creación e consolidación de coordinadoras ou redes de traballo a prol da infancia.

30.11.2020

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais no ano 2020.

O financiamento dun programa da entidade que ten como finalidade a prestación de apoio ás familias formadas por un único proxenitor con fillos e fillas menores ao seu cargo, mediante o establecemento de accións específicas cuxo obxectivo é o de potenciar a autonomía das familias monoparentais, favorecer a incorporación da persoa responsable da familia ao mundo laboral, a súa asistencia a actividades de formación laboral e/ou formación continua, posibilitar o autoemprego, promover a inserción e permanencia laboral das mulleres soas con responsabilidades familiares e favorecer a súa promoción profesional e previr situacións de risco social e axudar á crianza dos nenos e nenas favorecendo a súa socialización.

1.12.2020

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Ingada, Instituto Galego do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividades e Trastornos Asociados (Ingada) para o desenvolvemento dun programa de asesoramento ás familias no ano 2020. Corrixida a data.

O financiamento dun proxecto de asesoramento ás familias de membros con TDAH e trastornos asociados desenvolvido pola entidade e que ten como finalidade que estas poidan desenvolver adecuadamente as súas funcións educativas, socializadoras, e superar situacións de necesidade e risco social, para o que se artellarán programas de carácter preventivo que contribúan á modificación de condutas non desexadas e a adquisición de pautas saudables para a dinámica familiar.

12.12.2020

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Política Social, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados da Coruña para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2020 na Coruña.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Consellería de Política Social, e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados da Coruña, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta na Coruña, mediante o financiamento para a constitución dun equipo de mediación.

18.12.2020

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Política Social, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Ferrol para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2020 en Ferrol.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Consellería de Política Social, e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados de Ferrol, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta en Ferrol, mediante o financiamento para a constitución dun equipo de mediación.

18.12.2020

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Política Social, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2020 en Santiago de Compostela, Padrón, Negreira, Ordes e Arzúa.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e a Consellería de Política Social, e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela Padrón, Negreira, Ordes e Arzúa, mediante o financiamento para a constitución dun equipo de mediación.

18.12.2020

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Política Social, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Ourense para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2020 en Ourense.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e a Consellería de Política Social, e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados de Ourense, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta en Ourense, mediante o financiamento para a constitución dun equipo de mediación.

21.12.2020

20.000,00 €

Acordo de prórroga para o ano 2021 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña para o desenvolvemento do Programa avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo.

Manter o marco de colaboración para o ano 2021 para a organización e realización do Programa avaliación e tratamento terapéutica de menores en situación de risco ou desamparo.

23.12.2020

235.019,37 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Arela no desenvolvemento dun programa de captación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias para convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida de convivencia con persoa ou familia na provincia de Pontevedra.

Establecer o marco de colaboración para a posta en marcha dun programa que se desenvolverá no ano 2021, dirixido á captación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias para convivir con menores que teñan que cumprir unha medida de convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo, posibilitando o mantemento dunha rede que permita en todo momento a execución das medidas deste tipo que dite o xulgado de menores de Pontevedra.

23.12.2020

23.705,58 €

Acordo de prórroga para o ano 2021 do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, para a atención residencial de menores no centro Emilio Romay.

Manter o marco de colaboración para o ano 2021 para a atención residencial de menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia no seu centro Emilio Romay da Coruña.

30.12.2020

325.904,85 €

Acordo de prórroga para o ano 2021 do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, e a Deputación de Pontevedra, para a atención de menores no centro residencial Cidade infantil Príncipe Felipe en Pontevedra.

Manter o marco de colaboración para o ano 2021 para a atención residencial de menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia no seu centro Cidade Infantil Príncipe Felipe.

30.12.2020

391.151,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento dun proxecto de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal no medio rural no exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento dun proxecto de empoderamento da persoa con discapacidade residente en contornas rurais.

2.9.2020

145.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela, para o financiamento do IV ciclo universitario no exercicio 2020.

O financiamento para o desenvolvemento das actividades previstas dentro do Programa universitario de maiores, IV ciclo.

14.9.2020

28.875,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Centro Asociado da UNED-A Coruña para o financiamento do programa UNED Sénior no exercicio 2020.

O financiamento para a consolidación do programa UNED Sénior, oferta de estudos para o sector da sociedade que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación (programa UNED Sénior).

14.9.2020

13.860,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade da Coruña para o financiamento da Universidade Sénior no exercicio 2020.

O financiamento para a consolidación da Universidade Sénior, oferta de estudos para o sector da sociedade que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación.

14.9.2020

28.875,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo para o financiamento do Programa universitario para maiores no exercicio 2020

Contribución no financiamento do ciclo universitario Programa universitario para maiores, oferta de estudos para persoas maiores.

14.9.2020

28.875,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Down Galicia para o financiamento do Proxecto avaliación do envellecemento das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.

Contribuír ao financiamento dun proxecto de avaliación do envellecemento das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual.

14.9.2020

140.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), para o incremento dos servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade de información no exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento das actuacións que a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) ten previsto desenvolver durante o ano 2020 para incrementar os servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade da información.

2.10.2020

32.461,19 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Aspace Coruña para o financiamento do servizo de información e asesoramento sobre medidas de protección para persoas con parálise cerebral e as súas familias no ano 2020.

Colaboración no financiamento do servizo de información e asesoramento da Fundación Aspace Coruña sobre medidas de protección para persoas con parálise cerebral e as súas familias.

6.11.2020

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia), para o financiamento dun programa de apoio socioeducativo comunitario e prevención da situación de dependencia no medio rural a persoas con enfermidade mental residentes en Galicia no exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento do programa orientado ao apoio socioeducativo comunitario e á prevención das situacións de dependencia no medio rural para persoas con enfermidade mental residentes en Galicia.

17.10.2020

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a consellería de política social e a federación de asociacións de persoas xordas de galicia (faxpg), para o financiamento dun programa de prevención da dependencia en colectivos especialmente vulnerables da comunidade xorda, ano 2020.

Contribuír ao financiamento das actuacións de FAXPG correspondentes ao programa de prevención da dependencia en colectivos especialmente vulnerables da comunidade xorda.

29.11.2020

79.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Boimorto, de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal para o exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento das actuacións do Concello de Boimorto durante 2020 destinadas a programas e actividades dirixidos á atención de persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello.

29.11.2020

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e as universidades de Santiago de Compostela e de Vigo para o financiamento do Proxecto de democratización do coñecemento no exercicio 2020.

O financiamento para o desenvolvemento do proxecto de democratización do coñecemento, potenciar e difundir o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de cincuenta anos.

2.12.2020

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación tutelar galega para persoas con discapacidade intelectual Sálvora para o financiamento das actuacións de tutela e protección de persoas con discapacidade intelectual para o exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento das actuacións da Fundación Sálvora no ano 2020 relacionadas coa tutela e protección das persoas con discapacidade intelectual

2.12.2020

88.110,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) para o financiamento dos programas e actuacións da entidade para o exercicio 2020.

Colaboración para o mantemento dos programas e actuacións da entidade durante o exercicio 2020 (Programa de envellecemento activo, proxecto Asiste, Programa voluntariado sénior, programa Re-Acciona de márketing dixital)

8.12.2020

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar para a implantación da Historia social única electrónica no Consorcio.

Establecer a colaboración para o acceso e uso do sistema de información denominado Historia social única electrónica (HSUE) polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

22.9.2020

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Rede europea de loita contra a pobreza (EAPN-Galicia) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuación das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social no exercicio 2020.

O financiamento para a realización, por parte EAPN-Galicia, dunha serie de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuacións das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social.

25.9.2020

46.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cruz Vermella Española para a execución dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema.

A realización dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen fogar.

28.10.2020

169.950,00 €

Acordo polo que se modifica o convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cruz Roja Española en Galicia para a execución dun programa extraordinario de axuda para a cobertura de necesidades básicas á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19.

A realización, por parte da Cruz Roja Española en Galicia, dun programa extraordinario de axuda en materia de necesidades básicas (en concreto cobertura de produtos de alimentación, hixiene e farmacia) destinado á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19.

3.11.2020

3.205.065 €

Convenio entre o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, sobre o Sistema de información de usuarios de servizos sociais (SIUSS) en versión web, para a cesión do código fonte da aplicación informática e intercambio de información.

A colaboración entre o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e a Comunidade Autónoma de Galicia para a cesión do código fonte da aplicación informática SIUSS web e o intercambio de información entre ambas as administracións (estatal e autonómica) en forma de explotacións estatísticas baseadas na extracción dos datos anonimizados dos servizos sociais comunitarios municipais.

25.11.2020

Sen custo

Acordo de modificación e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cruz Roja Española en Galicia para a execución dun programa extraordinario de axuda para a cobertura de necesidades básicas á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19.

A realización, por parte da Cruz Roja Española en Galicia, dun programa extraordinario de axuda en materia de necesidades básicas (en concreto cobertura de produtos de alimentación, hixiene e farmacia) destinado á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19.

30.12.2020

11.896.935 €

Acordo de prórroga para o ano 2021 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política social e o Servizo Galego de Saúde para a implantación do Programa de acompañamento nos hospitais e centros de saúde na Comunidade Autónoma de Galicia.

Continuar a colaboración entre a Consellería de Política social e o Servizo Galego de Saúde do desenvolvemento do Programa de acompañamento nos hospitais e centros de saúde, un programa de humanización consistente no acompañamento con persoas voluntarias ás persoas usuarias e visitantes que reciben asistencia sanitaria nalgún centro público do Servizo Galego de Saúde.

25.11.2020

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Semana Verde de Galicia para a organización e o desenvolvemento dun encontro informático virtual no ano 2020.

O financiamento pola Consellería de Política Social do desenvolvemento no ano 2020 dun encontro informático virtual que levará a cabo a Fundación Semana Verde de Galicia, entidade beneficiaria da subvención.

O encontro informático virtual ten por obxectivo principal ser unha referencia para a xuventude no eido das novas tecnoloxías, combinando actividades educativas, lúdicas, formativas e culturais.

30.11.2020

23.731,14 €

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Europa para a realización de programas de información sobre a Unión Europea e de proxectos de cooperación europea, destinados á xuventude galega, no exercicio 2020.

O financiamento dos programas de información e sensibilización que leva a cabo a Fundación Galicia Europa dirixidos á xuventude galega e dos proxectos de cooperación europea en beneficio dos/das mozos/as galegos e portugueses.

A Fundación Galicia Europa difundirá a través das súas canles a actualidade comunitaria de interese para as persoas mozas, e no seu portal web crearase unha epígrafe específica sobre información europea para a mocidade a modo de oficina virtual de información.

1.12.2020

42.500,00 €

ANEXO II

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2019

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade colaboradora Abanca Corporación Bancaria, S.A para a instrumentación da axuda económica ás familias a través da tarxeta benvida.

Colaboración para instrumentar a axuda económica para as familias no ano 2020 a través da tarxeta benvida.

31.12.2019

Sen custo