Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade da resolución de aprobación do proxecto de ordenación forestal do monte veciñal en man común de Ventosa, nas parroquias de Moia e Rao, no concello de Navia de Suarna (Lugo), en cumprimento do artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Antecedentes.

Primeiro. Con data do 16.12.2020, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal asinou a resolución de aprobación da primeira presentación do proxecto de ordenación, con código PO-00007873F(1.1) e titulado Proxecto de ordenación forestal Ventosa, parroquias Moia e Rao, concello de Navia de Suarna, provincia de Lugo, e autorizar a súa inscrición no Rexistro de Montes Ordenados, segundo o artigo 81.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, cunha vixencia ata o 1 de marzo do ano 2027 incluído, co número de rexistro 2700307

Segundo. De conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), o órgano substantivo, no prazo máis breve posible e, en todo caso, antes dos quince días hábiles desde que adopte a decisión de autorizar o proxecto, remitirá ao diario oficial correspondente, para a súa publicación, un extracto do contido da dita decisión.

Así mesmo, publicará na súa sede electrónica unha referencia ao diario oficial correspondente en que se publicou a declaración de impacto ambiental e o extracto sobre a decisión de autorizar ou denegar o proxecto.

Polo anteriormente exposto,

RESOLVO:

Facer pública a resolución de aprobación citada no antecedente primeiro, de conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental:

Expediente: PO-00007873F(1.1) Primeira presentación proxecto ordenación.

Número de rexistro: 2700307.

Vixencia do plan especial: ata o 1 de marzo 2027 incluído.

Esta resolución poderase consultar na ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/ordenacion/instrumentos-de-ordenacion-ou-de-xestion-forestal

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2021

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal