Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza unha propietaria da zona de concentración parcelaria de Broño-A Pena-Landeira (Negreira-A Coruña) para ser notificada por comparecencia dun trámite de audiencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a propietaria da Zona de Concentración Parcelaria de Broño-A Pena-Landeira (Negreira-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificada dun trámite de audiencia dunha proposta de modificación do acordo de concentración da dita zona que lle afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, mediante cita previa no teléfono 981 18 46 43, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2021

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesada

Acto notificado

Zona de concentración

76501058E

Trámite de audiencia

Broño-A Pena-Landeira (Negreira-A Coruña)